www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Denuncian atrasos no reparto de correos en Chapela
Sociedade • 20/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de veciños da parroquia denuncia o mal funcionamento na distribución do correo domiciliario en varias zonas da parroquia con atrasos reiterados que levan incluso a que "unha carta enviada dentro da propia parroquia tarde máis de quince días en chegar aos seus destinatarios". O colectivo veciñal remitiu unha solicitude á sociedade estatal de correo e telégrafos esixindo medidas que garantan o correcto funcionamento do servizo.


A presidenta da Asociación de veciños Angela Méndez asegura que non se trata dun problema puntual "xa que os atrasos no reparto véñense mantendo no tempo e afectan a diferentes barrios". neste sentido pon como exemplo que o pasado 3 de decembro enviaron unha carta aos seus asociados "unha carta que algúns veciños recibiron ao día seguinte mentres que a outros non lles foi entregada ata o día 19".


Un problema que se está alongar no tempo que supón "un contratempo para os afectados ou un grave problema sobre todo cando se trata de cartas con datas concretas de citacións do Sergas, INEM" ou doutros organismos.


Por estes motivos veñen de solicitarlle aSociedade estatal de Correos e telégrafos "o arranxo desta anomalía para a correcta distribución do Correo domiciliario en Chapela e garantir o correcto funcionamento na distribución do Correo público".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: