www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

O Choco aproveita os erros defensivos do Vilalbés e imponse por 2-3 na Magdalena
Deporte • 19/01/2015
Autor: Ana Prieto

Os redondeláns retomaron a senda da vitoria como visitantes despois de cinco desprazamentos con resultados negativos, e sitúase a tres puntos da promoción de ascenso. Onte sacou proveito da súa velocidade e dos erros defensivos do Vilalbés para levar o tres puntos. Vitorias tamén na Segunda Autonómica para o Arcade e o Choco B.


Terceira División



Vilalba 2-3 Choco


O partido púxose de cara para o conxunto que dirixe Jacobo Montes aos catro minutos. Un pase atrás de López a Viusky quedou curto e Hugo roubou e centrou a Róber, que bateu ao porteiro do conxunto local. O Vilalbés tardou pouco en responder. Justino, cun tiro ao primeiro pau, puido igualar, pero Molinos salvouno. E, sería outro erro defensivo do Villalbés o que permitía de novo a Hugo roubar o balón para cerder a Silva e que marcase o segundo da tarde. No segundo acto chegou a reacción do Vilalbés con dous goles que igualaron o partido. Justino e Muíña aproveitaron dous centros laterais, pero Silva apareceu de novo, nesta ocasión para recoller un pase de Hugo e, tras varios rexeites, conectou o disparo para bater a Viuski. Cos tres puntos o Choco ponse na sexta praza do grupo con 33 puntos, empatado co Arousa, que é quinto. Na próxima xornada reciven en Redondela ao Silva, da metade baixa da táboa.


Racing Vilalbés: Viuski, López, Ferreiro, Xusto, Muíña, Hugo (Javi Varela, min. 61), José Varela, Make (Javi Rei, min. 68), Mico, Justino, Villares (Poratti, min. 65).


Choco: Cortegoso, Pablo Piñeiro, Saúl, Yago Vázquez, Carminatti, Molinos, Gonza, Xosé Ramón (Fernando, min. 74), Hugo (Brian, min. 85), Rober, Silva (Aitor Gómez, min. 80).


Goles: 0-1, min. 4: Rober; 0-2, min. 38: Silva; 1-2, min. 57: Justino; 2-2, min. 66: Muíña; 2-3, min. 70: Silva.


Árbitro: Óscar Ferrero Mansilla, do colexio catalán. Amoestou a Xusto, Hugo, Javi Varela e Justino, do Vilalbés. Sen cartóns para o Choco.


Incidencias: Partido disputado na Magdalena.


Segunda Autonómica


Choco B 1-0 C.Vitoria


O filial do Choco mantén a 3ª praza logo de impoñserse pola mínima ao C.Vitoria. N apróxima xornada recibe ao Pereiró, da metade baixa da táboa..


Arcade 3-0 Figueirido


Fermoso partido o disputado no Salgueirón. Os visitantes tiveron ata catro ocasións pero non materializaron ningunha, e o contragolpe do Arcade foi determinante para o resultado final.


O Arcade ocupa a 14ª praza do Grupo 11 e na próxima xornada recibe ao Vilaboa, actualmente 8º.


Terceira Autonómica


Cesantes 3-0 Caroi


O Cesantes impúxose con claridade ao pechacancelas, o Caroi. O domingo comeza a segunda volta na casa, diante do Presqueiras, penúltimo clasificado.


Fortuna Vigo 2-7 Beretes Chapela


O Peña Beretes mellorou os seus malos resultados das pasadas xornadas cunha goleada sobre o pechacancelas, o Fortuna Vigo. Na próxima xornada dispútase o derbi local co Chapela, que adianta ao Peña Beretes en 16 puntos.


Chapela 1-2 Mosende


A derrota do Chapela foi a sorpresa da xornada, xa que é a primeira desta temporada. Con todo, mantén o 2º posto do grupo, a un punto do 3º, que é o Miño.


Vilar 1-3 Vilasobroso


O Vilar non puido co Vilasobroso, que aumenta distancias cos redondeláns. A próxima xornada xogan no campo do Nespereira, da parte baixa da táboa.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: