Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Agosto de 2018

Piden o peche do parque infantil de Pasán polo risco que supón a proximidade da AP-9
Política • 19/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Esquerda Unida critica que dende o goberno local se invista no arranxo e mellora deste parque infantil cando ao seu entender debería estar pechado entre outras cuestións polos prexuizos que a proximidade da autoestrada pode causar na saúde dos pequenos.


Explican dende a formación política que este parque está situado na zona de servidume da autoestrada AP-9 lugar no que "segundo a lei non pode haber nada". Por ese motivo cualifican de irresponsable a actuación do Concello quen "en ningún momento ten en conta a colocación de pantallas acústicas tanto neste parque en cuestión como no parque da Igrexa de Chapela que se atopa na mesma situación de contaminación acústica".


A todo isto habería que sumarlle a proximidade do parque de Pasán coa autoestrada; separado tan só por unha valla metálica de 1.5 metros de alto e que tamén pode causar risco no trafico e nos usuarios "pola facilidade de saltar o aramado, o risco dunha proxección das rodas dos camións, que cheguen ata o parque os restos dalgún accidente ou que acabe na propia autoestrada unha pelota sen control".


Conclúe Esquerda Unida que lamentando que "na actualidade por motivos de seguridade, insalubridade e por carecer dunha actuación seria sobre a contaminación acústica, o parque tería que estar pechado".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: