www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Maio de 2018

Contundente vitoria da SAR e empate do Chapela, dous equipos nos postos altos da táboa
Deporte • 19/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A SAR Plastic Omnium deu esta fin de semana un paso de xigante ao vencer por un contundente 17-30 ao Ártabro. Partido disputado na Coruña no que os de Redondela amosaron a súa mellor cara logrando ademais ascender na categoría ata quedarse quinto clasificación e a tan só un punto do outro equipo local que militar en primeira nacional, o Construcciones Castro Chapela.


Un equipo este último situado no terceiro posto e que non foi quen de pasar do empate co Acanor Novas. Marcador igualado a 26 tantos nun encontro disputado en Chapela.


O Construcciones Castro xoga na vindeira semana no campo do Bueu, un equipo situado nos postos baixos da clasificación. Máis difícil o teñen os da SAR que malia xogar na casa recibirán na bomboneira ao segundo da categoría, o Seis do Nadal.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: