Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Agosto de 2018

A banda de música de Chapela despide ao seu director coa estrea da obra "Poema de Arealonga"
Cultura • 16/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O concerto terá lugar o domingo 18 ás 12:00 horas no Multiusos do Piñeiral. Entre o seu repertorio a banda interpretará por vez primeira a obra "Poema de Arealonga" do compositor Angel Montes na que fai unha homenaxe á parroquia, ás súas praias, paisaxes e mesmo a feitos históricos como a Batalla de Rande acontecidos preto da súas costas. O concerto será tamén a despedida do director da formación  Santiago Barreira Davila.


"Poema de Arealonga" é unha obra escrita polo compositor Ángel Montes para a Banda de Música de Chapela a modo de poema sinfónico tomando como inspiración tanto elementos históricos como paisaxísticos da costa de Chapela. O título fai referencia á praia máis importante da  parroquia:


Nesta obra descríbese na súa primeira sección, a vista do mar desde a praia de Arealonga. onde se poden escoitar o son das ondas, o zoar do vento, o reflexo dos sol no mar e as gaivotas. Tamén aparece un dos xéneros máis representativos da música galega: o Alalá e finaliza a obra cunha danza de marcado carácter folk. O resultado da combinación de todos estes elementos poderase escoltar o domingo no Multiusos do Piñeiral.


Un concerto que servirá tamén de despida para o actual director Santiago Barreiro, quen deixa a formación para labrarse un futuro profesional.


Unha vez finalizado o concerto do domingo o actual director fará a entrega de batuta a Andrés Álvarez, quen asumirá así oficialmente a dirección da formación musical.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: