Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O billete de autobús a Vigo custará 84 céntimos coa entrada en vigor do Plan de transporte en abril
Política • 15/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Esas son as estimacións que manexa o alcalde de Redondela, Javier Bas, quen confía en que no pleno que se vai celebrar o vindeiro 27 de xaneiro o resto dos grupos da corporación apoien o convenio elaborado pola Xunta para a posta en marcha do plan de transporte metropolitano. A achega anual estimada para o noso concello rolda os 60.000 euros. A decisión de Vigo de non sumarse ao convenio impedirá que os usuarios poidan empregar un único billete para desprazarse pola cidade.


A decisión de Abel Caballero de non sumarse a este plan de transporte, no que si están un total de 13 concellos da área metropolitana, non permitirá aos veciños gozar de todos os beneficios inicialmente anunciados. Iso si, o uso do autobús que fai o traxecto Redondela-Vigo verase abaratado nun 40%. Se actualmente empregar este servizo cústalle ao usuario 1,55 euros, a partir de abril -de cumprírense as previsións que manexa a Xunta- teremos que abonar 0,84.


Unha diminución notable nos prezos que será posible porque o transporte pasará a estar financiado parcialmente pola Xunta e polo proio concello, que no caso de Redondela achegará uns 60.000 euros anuais, cantidade que neste ao ascendería a 37.000.


O convenio aínda está pendente de ser aprobado polos plenos de cada un dos concellos participantes, unha sesión prevista para o vindeiro día 27. O goberno local, en minoría, confía en contar co apoio do resto dos grupos presentes na corporación.


Participan do plan de transportes ademais do noso concello os de Soutomaior, Fornelos, Pazos, Baiona, Cangas, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: