www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 25 de Maio de 2019

A procesión de San Sebastián obriga a pechar o tráfico polo casco urbano
Institucional • 20/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A partir das 18:30 e ata as 23:00 horas de hoxe mércores o tráfico rodado polo centro da vila estará restrinxido por mor da celebración da tradicional procesión de San Sebastián. As paradas do autobús desprázanse ao exterior da vila

 


Os tradicionais actos de celebración de San Sebastián conlevarán na xornada de hoxe algúns prexuizos para os condutores que a partir das 18:30 horas pretendan achegarse ao centro urbano. A Policía Local informa que o tráfico rodado estará prohibido ata as 23:00 horas motivo polo que as paradas de autobús trasládanse ao exterior da vila: na N-550 á altura da Sala Miramar en Santa Mariña e baixo a ponte peonil na N-552 á altura da antiga casa da Garda Civil.


Os actos na honra de San Sebastián comezarán ás 18:00 horas coa misa solemne na igrexa de Santiago e está previstas que a procesión saia dende a rúa Adro 45 minutos despois. Os devotos percorrerán as rúas Cruceiro, Loureiro e Picota e baixarán pola rúa Cabo dos Fumeiros ata Xeneral Rubín. A continuación percorrerán o centro da vila por rúa Rubín, Ribeira, Alfonso XII e Pai Crespo ata chegar á praza de Ponteareas onde darán a volta para regresar novamente polo centro urbano.


Unha procesión con moitos seguidores e que se prolonga durante máis de tres horas, polo que a Policía Local estima que non será ata as once da noite cando se recupere a normalidade. Aconsellan aos condutores que busquen accesos alternativos ante os eventuais atascos que se produciran nas entradas á vila, principalmente a prtri das oito da tarde.


Desprendemento


As chuvias continuadas dos últimos días provocaron un desprendemento de terras de madrugada en Soutoxuste. Os feitos producíronse ás once da noite cando de desprendía un terraplén na N-550 á altura do establecemento hostaleiro Casa Antón en Soutoxuste. Logo de tres horas de traballos por parte de operarios de Conservación de Estradas logrouse retirar toda a terra desprendida e recuperouse a normalidade na vía.

Comentarios
epi
Mércores 20 de Xaneiro de 2010 ás 13:35 horas
a procesion se devian de facer diante da casa do alcalde
Donostia
Mércores 20 de Xaneiro de 2010 ás 10:52 horas
San Sebastián ben podía facer a procesión pola acera!!! ou estes están a adquirir a espiritualidade que nos falta para ser tan felices como os de Haití?
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: