www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

AER critica que o Concello pague 60.000 euros para derrubar un edificio propiedade de Fenosa
Política • 14/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O equipo do goberno do PP asinou un convenio coa empresa eléctrica para derrubar o edificio que se atopa no inicio do Paseo da Xunqueira. En base a dito convenio o concello comprométese a asumir o 40% do custe da súa demolición, cantidade que ascende a 59.609,76 €. A Agrupación de Electores cuestiona tamén a decisión de derrubar unha edificación que ao seu entender podería destinarse a diferentes usos sociais.


No convenio asinado polo Concello acórdase o derrubamento da edificación cando malia o seu estado e segundo explican dende AER poderíanselle dar moitos usos como por exemplo destinalo a local de Servizos Sociais, actualmente situados nun local ao que non poden acceder comodamente as persoas con mobilidade reducida, ou destinalos a local social para uso e servizo de diferentes asociacións.


Con todo, as críticas principias da Agrupación de Electores céntranse no feito de que o Concello asuma o 40 % do custe das obras "que comprende tanto a obra civil (derrubamento da vivenda) como a obra eléctrica (obras para levar a cabo o soterramento das instalacións)" cando ao seu entender debería ser o propietario, neste caso a empresa Fenosa, quen asumira a totalidade do custe.


O Concello comprométese a abonar a cantidade de 59.609,76 €, cantidade que se o dividimos entre os 336 m2 que ten a parcela, o resultado é que o Concello está pagando o terreo a 177, 41 €/m2, un prezo moi elevado "tendo en conta que se trata dun terreo con diversas afectacións: linda co río Alvedosa, moi próximo á ría, e cunha instalación eléctrica". Entenden polo tanto que de comprarse o terreo, deberíase pagarse tendo en conta todas as súas afectacións.


Finalmente reclaman ao goberno que consensúe co resto dos grupo o uso que se lle vai dar a este terreo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: