Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

A Asociación de veciños reclama un plan global de mellora para o litoral de Cesantes
Sociedade • 13/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Vertidos no parque infantil, un paseo que presenta arquetas e baldosas levantadas, unha estrada de acceso pendente do seu arranxo, estas son algunhas das demandas da asociación de Veciños de Cesantes quen critican que dende o goberno local non se acometa un proxecto global que permita poñer en valor e explotar este espazo natural como atrtactivo turístico e económico.


O presidente da Asociación de Veciños Fernando González asegura que "a presión veciñal permitiu retirar o colector que se atopaba no areal". A súa nova ubicación decidida no Consello parroquial convence a esta asociación quen lamenta que non se estean a adoptar outras medidas "necesarias para darlle valor a este espazo natural".


Critican que non acometan actuacións de recuperación no propio paseo, aínda que salientan que un dos problemas máis graves están nos vertidos que se producen no parque infantil que se atopa no propio areal. González critica que malia terse informado deste feito aos responsables municipais sega sen dárselle unha solución definitivas.


Outra das actuacións que entenden debería terse acometido é a mellora do firme na estrada da praia, xa que logo da ampliación da vía realizada por Adif a estrada segue sen asfaltarse "o que supón un perigo para peóns e condutores". Adiantan tamén que o estado de dita estrada vai empeorar coa chegada das chuvias que se anuncian para esta mesma semana.


Un ano novo que arranca polo tanto con demandas vellas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: