www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

O Instituto de Chapela forma aos seus alumnos na diversidade da infancia
Sociedade • 13/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Departamento de Servizos á Comunidade deste instituto celebra dende o 12 ao 14 de xaneiro unhas xornadas de formación que baixo o título "Miradas Diversas na Infancia", céntranse na infancia con diversidade funcional e as súas necesidades. Os alumnos achéganse á realidade do autismo, a parálise cerebral ou outras cuestións relacionadas coa atención temperá.


As Xornadas van dirixidas ao alumnado de Formación Profesional dos Ciclos de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e ao Ciclo de Educación Infantil.


Desta maneira, desde o Departamento de Servizos á Comunidade, persegue ofrecer unha formación específica ao seu alumnado coa participación de profesionais especialistas que traballan directamente no ámbito da discapacidade infantil. A través de charlas e obradoiros prácticos abordarase cuestións relacionadas coa atención temperá, coa infancia e o autismo, con parálise cerebral, ou o papel da familia no desenvolvemento destas crianzas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: