www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 21 de Xuño de 2018

Denuncian irregularidades no cobro da taxa do lixo
Política • 12/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Agrupación de Electores asegura que se lles está a cobrar a moitos veciños un total de 71 euros cando polo servizo que reciben deberían pagar a metade. Explican que a cota normal afecta a aquelas vivendas que dispoñen de servizo diario, mentres que naquelas parroquias ou lugares nos que a recollida non se fai todos os días o cobro debería ser de 35 euros anuais. Unha reducción que debería afectar tamén a aqueles usuarios que non dispoñan dun colector a menos de cen metros da súa vivenda e que deberían abonar un único pago de 36,5 euros.


Dende AER critican tamén que dende o Concello se estean a rexeitar as reclamacións realizadas polos afectados. Segundo explican aos que alegan que viven a máis de 100 metros da zona de recollida "o Concello interpreta como zona de recollida a parroquia ou barrio e non o contedor máis próximo á vivenda ou establecemento do usuario" polo que se lles aplica a taxa de 71 euros.


Os veciños que argumentan que non dispoñen de servizo diario denégaselles a alegación asegurando que si se está a recoller o lixo todos os días.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: