www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 25 de Maio de 2019

Campaña de recollida de fondos para Haití
Sociedade • 20/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños

As Xuventudes Socialistas de redondela inician unha campaña consistente na venda de chocolatinas e a colocación de petos en diferentes locais da vila para recolller fondos para os damnificados polo terremoto de Haití


As xuventudes socialistas de Redondela puxeron en marcha unha campaña de recollida de fondos para as víctimas do terremoto de Haití consiste na colocación de petos en distintos locais da "vila dos viaductos".


Dende a agrupación política pídese o máximo compromiso de toda a cidadania dada a necesidade de axuda no país logo do terremoto de hai unha semana e lembran que "os cartos recollidos serán de gran axuda para os damnificados".


Tamén as xuventudes socialistas esperan a chegada dunhas 250 chocolatinas solidarias, pertencentes ao comercio xusto. Estes doces terán un prezo de dous euros e serán integramente doados a ONG Solidaridad Internacional.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: