Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Desaloxada unha vivenda en Reboreda por un lume nun alboio
Sucesos • 12/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os feitos tiveron lugar de madrugada nun alboio situado ao carón dunha vivenda unifamiliar no Camiño Xogo das Bolas en Reboreda. Foi necesaria a intervención de bombeiros de Porriño e Protección Civil quen informaron que non hai que lamentar danos persoais pero si materiais, xa que as lapas afectaron a un vehículo estacionado no galpón.


Axentes de Protección Civil de Redondela e bombeiros de O Porriño desprazáronse na madrugada de hoxe a Reboreda para extinguir un lume que se iniciara ás cinco da madrugada. Unha chamada do 112 informaba aos servizos de emerxencia que logo de chegar ao lugar decidiron desaloxar á familia que reside na vivenda, malia que o incendio oen ningún momento provocou danos na casa unifamiliar. Sí hai que lamentar danos materias nun vehículo que se atopaba estacionado no alboio afectado, lugar no que había un depósito de gasóleo pero ao que non chegaron as lapas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: