www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

A obra "Pintores expres" inicia o Ciclo de teatro da Asociación Cultural de Chapela
Cultura • 9/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Auditorio do Multiusos de Chapela acolle durante o mes de xaneiro e a primeira fin de semana de febreiro a III edición do ciclo de teatro que organiza esta asociación e que contará coa presenza das compañías Expresión Teatro de Pontevedra, teatro Alecrín, teatro Fonte da Tella e o grupo teatral do Centro Cultural de San Fins de Rebordáns.


A primeira das actuación será este mesmo sábado ás 18:00 horas cunha obra pensada especialmente para o público infantil. A compañía Expresión teatro de Pontevedra porá en escena ás 18:00 horas a obra Pintores expres con sorpresas e agasallos para os máis pequenos.


O ciclo continuará no mesmo escenario o sábado 24 de xaneiro ás 20:00 horas co grupo de teatro Alecrín e a obra"Bulto Negro". 


A mesma hora o sábado 31 de xaneiro a obra teatral "Voda ou Funeral" será interpretada pola Compañía de Teatro Fonte da Tella.


O ciclo de Teatro rematará o sábado 7 de Febreiro, co grupo do Centro Cultural de san Fins de Rebordans quen porán en escena o título "Compravenda"


A entrada para todos os pases será de balde con venda de rifas para un sorteo


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: