www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Fomentar a lectura e promover actividades culturais, obxectivos dos Amigos das Bibliotecas
Cultura • 7/01/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela ven de poñerse en marcha grazas á iniciativa de dez usuarios dos clubs de lectura. Nace co obxectivo de apoiar e promover o labor das bibliotecas pero tamén como entidade independente que organice actividades propias para achegar a cultura e a lectura á cidadanía. Convocan a todos os interesados a achegarse o venres 23 ás 20:30 horas a unha reunión que celebrarán no Multiusos.


Unha xuntanza aberta que ten por obxecto darse a coñecer e animar a toda aquela persoas interesada na lectura a involucrarse e participar activamente na asociación. Unha iniciativa sen ánimo de lucro presidida por Mercedes Méndez que non falaba tamén doutras actividades que teñen en mente como por exemplo a creación de talleres de escritura.


Formar parte da asociación ten un custe simbólico de doce euros anuais que servirán precisamente para financiar posibles actividades. David Faro, tesoureiro da Asociación animar a todos os veciños, persoas anónimas ou institucións que aman a lectura, a se achegar a esta agrupación.


O seu acto de presentación terá lugar o venres 23 ás 20:30 horas na aula infantil da Biblioteca de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: