www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Maio de 2018

Os Reis Magos chegan a Redondela acompañados dun amplo séquito e o tren “chu-chú”
Sociedade • 5/01/2015
Autor: Ana Prieto

Máis de 80 nenos e nenas poderán participar este ano na Cabalgata de Reis de Redondela, grazas á incorporación dun tren turístico que fará o percorrido polas rúas da vila coas Súas Maxestades de Oriente. A comitiva partirá ás 18.30 horas do Convento de Vilavella e percorrerá as principais rúas do municipio. Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán a todos os nenos no Concello.


 


Cada ano son moitos os rapaces que solicitan acompañar aos Reis Magos nas súas carrozas, pero a falta de espazo e as necesarias medidas de seguridade fan imposible que todos poidan participar. Para evitar este problema, o departamento de festas do Concello decidiu que este ano participe na cabalgata un tren turístico, dos coñecidos popularmente como “tren chu-chú”, no que poderán ir montados todos os nenos que quedaron en lista de agarda en anos anteriores.


A concelleira Herminda Quelle explica que, deste xeito, poden dar resposta á demanda dos máis pequenos. Tamén avanza que este ano a cabalgata será “máis espectacular e luminosa”, aínda que non quere dar máis detalles “para non desvelar a sorpresa dos Reis Magos”.


Como sempre, as Súas Maxestades chegarán tamén cargados de caramelos para repartir entre público, “para os nenos e tamén para os maiores”. Lembrar tamén que unhas horas antes da saída da comitiva pecharanse ao tráfico as rúas do centro da vila para permitir o paso das carrozas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: