www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 21 de Xuño de 2018

O Choco arranca o ano cunha derrota en Santa Mariña
Deporte • 5/01/2015
Autor: Lorena Otero

Os pupilos de Jacabo Montes non foron quen de iniciar o ano cunha vitoria ante os seus seareiros contra o Ribadumia, cuarto do grupo. Malia comezar o partido dominando e ter varias ocasións para abrir o marcador faltou acerto e o encontro remataba cun resultado de cero a un. A próxima semana os choqueiros terán que enfrontarse ao Xuv. Sanxenxo, quintos da clasificación. Logo desta nova derrota os locais sitúanse na metade da táboa, no décimo segundo posto.


O conxunto de Jacobo Montes acumula xa seis xornadas sen coñecer a vitoria, con catro derrotas e dous empates nos seus últimos compromisos. Malia que empezaron ben o encontro desta xornada en Santa Mariña, con bo ritmo e dominando non tiveron acerto na chegada a portería do Ribadumia ao que sumóuselle a lesión no minuto 25 de José e na segunda parte a de Comis, tamén lesionado que os apartou do terreo de xogo.


Pechábase a primeira parte do encontro co marcador a cero pero aos tres minutos de retomarse o Ribadumia abría o marcador cun lanzamento de Martín, que sería o único tanto do partido e que lle daría a vitoria aos visitantes pola mínima.


O Choco, logo desta xornada, queda situado con 27 puntos na décimo segunda posición da Terceira División. Esta semana prepararán o encontro contra o Xuv. Sanxenxo quintos da categoría.