www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Maio de 2018

Quince anos recuperando os Cantos de Reis en Saxamonde
Cultura • 2/01/2015
Autor: Lorena Otero

Os nenos de Saxamonde percorrerán este domingo a parroquia pedindo o aguinaldo cos cantos de reis. Rapaces de entre cinco e quince anos que interpretan cantos tradicionais do Nadal que foron transmitidos oralmente de pais a fillos. Cantigas que veñen recuperando dende hai quince anos e nas que se fala destas festividades pero tamén da nosa cultura e do noso pasado.


Humor, retranca e tradición son os ingredientes dos Cantos de Reis, que dende hai quince anos veñen recuperando na parroquia redondelá de Saxamonde e que este domingo se poderán escoitar polos barrios da parroquia.


Entre tres e cinco cantigas que acompañan da música da frauta e a gaita e que nestes días ensaian no Centro Cultural Chan das Pipas. Cantigas pero tamén bailes que interpretan os rapaces e cos que piden o aguinaldo polas casas da parroquia. Doces, caramelos e diñeiro son a recompensa destes cativos que os veciños lles dan en agradecemento.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: