Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Festa de Fin de Ano en Redondela, unha alternativa de ocio que o Concello quere consolidar
Sociedade • 30/12/2014
Autor: Ana Prieto

Por segundo ano consecutivo, o Concello de Redondela celebra no recinto da feira unha festa para despedir o ano ao ritmo da música coa orquestra Suavecito. Unha proposta para todo tipo de públicos, segundo Herminda Quelle, xa que é de balde, ao mesmo tempo que "anima" a vila para dar a benvida ao 2015.


A festa será moi semellante a do ano pasado, segundo explicou nos micrófonos de Radio Redondela a concelleira Herminda Quelle, quen aseguraba que esta festa persegue dous obxectivos: por unha banda proporcionar aos redondeláns a posibilidade de ter acceso a diversión nunha data tan sinalada sen necesidade de ter que pagar unha entrada, e por outra banda, animar a noite no centro da vila, co que se pode beneficiar o sector da hostalaría. A carpa estará instalada no recinto da feira e permanecerá aberta desde a unha da madrugada, que comezará a música ambiente, até as catro e media. A actuación da orquestra Suavecito será ás 01.30 horas. O orzamento destinado á festa será moi similar ao do ano pasado, supondo nesta ocasión un gasto de 9.600 euros. Na primeira edición a festa recibiu numerosas críticas dos grupos da oposición, que apuntaban á escasa asistencia coa que contou. Pola súa banda, a concelleira de Participación Cidadá recoñece que cando comezou a orquestra había pouca presenza de xente, polo que este ano se atrasou o inicio da actuación media hora. Con todo, destaca que houbo momentos nos que a carpa estivo practicamente chea e con moita animación. Nesta segunda edición esperan contar con máis público que en 2013, e aspiran a que a festa se consolide no futuro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: