www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

O Redondela FS retoma o traballo co obxectivo de rematar a primeira volta na terceira praza
Deporte • 30/12/2014
Autor: Ana Prieto

Remataron as vacacións de Nadal para os pupilos de Julio Mougán, que esta semana regresaron aos adestramentos para preparar o último partido desta primeira volta na Liga Galega Sur. Será o día 10 de xaneiro, en Redondela, diante do Verín Futsal. O técnico agarda recuperar algúns xogadores lesionados para ese encontro.


O parón destas festas serviu para dar descanso a un equipo que arrastra moitas lesións. De feito ao último encontro, que gañaron en Tui, viaxaron con só nove xogadores, dous deles tocados, e tiveron que minimizar esforzos para chegar en condicións aos minutos finais. A vitoria ante a Quinta de Tui por 3-4 serviu para sumar tres puntos importantes, pero tamén para dar moral aos xogadores neste remate de ano. Agora, logo de participar en varios torneos solidarios típicos destas datas, volve a competición oficial. Será na bomboneira ante o Verín Futsal, un rival que presenta tamén un xogo ofensivo e ao que por calidade lle correspondería un lugar máis alto na táboa.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: