www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Maio de 2018

Nace a Asociación de "Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela"
Cultura • 30/12/2014

Un grupo de usuarios constitúe a "Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela" cuxo obxectivo é o apoio e promoción do labor das devanditas bibliotecas e as súas actividades, así como achegar a cultura e a lectura á cidadanía. Esta agrupación desexa chegar a todas aquelas persoas anónimas e institucións que aman a lectura e as bibliotecas.


Presidida por Mercedes Méndez, a creación desta iniciativa sen ánimo de lucro remóntase a hai uns meses, cando un conxunto de usuarios que acudía de forma habitual aos clubs de lectura das bibliotecas, entendían que era necesario unha asociación deste tipo para dar a coñecer e impulsar o seu labor así como apoiar o desenvolvemento das actividades culturais das mesmas incentivando novas iniciativas. "Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela" constituíuse como asociación no mes de outubro con seis membros na súa xunta directiva, da que forman parte, xunto a Mercedes Méndez, Mª Dolores Daviña -vicepresidenta-, Marta Rodríguez-secretaria- e David Faro, tesoureiro. En breve, informarán sobre o modo de asociarse así como das primeiras actividades que levarán a cabo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: