www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

O BNG denuncia a precaria situación da Duna da paria de Cesantes
Política • 29/12/2014
Autor: Ana Prieto

O grupo municipal nacionalista denuncia que, dende os temporais do inverno pasado, a superficie dunar foi perdendo area, ata uns vinte metros cadrados. Lamentan que as intervencións realizadas dende o Concello, lonxe de favorecer a recuperación da duna, empeoraron a súa situación.


Para a organización nacionalista, trátase dunha nova mostra do "desinterese" do goberno de Javier Bas na preservación de singulares enclaves naturais de Redondela. Salientan que a duna de Cesantes é un dos referentes de recuperación da Praia da Punta, grazas ao cal acadouse a Bandeira Azul. Os diferentes temporais que castigaron a praia de Cesantes, e en particular ao seu sistema dunar, deixárono, "nunha situación moi delicada cunha perda importante de superficie" segundo palabras do concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González. O Bloque lamenta que, malia que o Concello invertíu máis de 8.000 euros nos últimos meses, non se desenvolveu unha actuación "coidadosa e de recuperación" da duna. González explica que desapareceron uns vinte metros cadrados do areal, e advirte que se non se toman medidas urxentes "a situación pode ser irrevesible". Dende a organización nacionalista amosan "preocupación" pola situación da contorna, un espazo singular e "moi complexo de recuperar", que na actualidade vese "gravemente alterado".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: