www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Solidariedade e deporte no pavillón do Mendiño da man do Grupo Casa Paco 81
Deporte • 26/12/2014
Autor: M. X. Queimaliños

O grupo Casa Paco organiza unha xornada de fútbol solidario este domingo ás 17:00 horas no pavillón do Instituto Mendiño. Disputaranse actividades deportivas coas categorías minis e disputarase un torneo de precisión de golpeo do balón.


Unha tarde solidaria na que os pequenos deberán achegar un alimento non perecedeiro que se doará a Cáritas. Ademais farase entrega de tapóns a Jessica, unha moza de Redondela afectada por unha enfermidade rara.


Dende Casa Paco, Manolo Conde anima tamén aos veciños a achegarse á exposición de postais antigas no museo do club. As actividades de Nadal concluirán o día 30 cunha festa infantil na discoteca Diva


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: