www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Música de raíz en Chapela co grupo "Os Minhotos"
Cultura • 26/12/2014
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellaría de Cultura organiza un concerto de música tradicional e folk do grupo lugués Os Minhotos, que presentan o seu primeiro traballo discográfico, Pinga d,Auga. O concerto celebrarase o vindeiro sábado, 27 de decembro, ás 20.00 h, no auditorio do Piñeiral do Crego, en Chapela. As entradas pódense adquirir nos multiúsos dende este venres, a un prezo de 5 € (3 € para estudantes e xubiladas).


Os cinco compoñentes deste grupo teñen unha longa traxectoria na música tradicional galega. Tres deles xa coincidiran no grupo Caldaloba. A orixe d,Os Minhotos remóntase a seis anos atrás e nestes anos foron madurando pezas que agora forman parte do seu repertorio e do seu debut discográfico, titulado Pinga D,Auga.


Segundo eles mesmos manifestan, están na música tradicional, entre outras cousas, por un compromiso coa cultura do país e para tentar que non morra ese legado tan importante. O seu traballo, con arranxos cara ao folk e tamén con temas propios, quere ser como unha "pinga de auga que sirva para preparar a terra e os que veñan detrás poidan atopar unha situación diferente á actual".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: