www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Redondela, un dos concellos galegos con menos gasto social por habitante
Sociedade • 23/12/2014
Autor: M. X. Queimaliños

O noso concello destina 39,79 euros por habitante a programas de protección e promoción social, atención e asistencia aos máis novos, infancia, maiores, minusválidos e promoción do emprego. Así se recolle nun ranking elaborado polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas no que se subliña que Nigrán é a poboación galega con menos gasto social por habitante seguida de Baiona, Cangas e Redondela.


O informe pon ademais en evidencia a escasa atención que en xeral dedican os concellos galegos ao gasto social, xa que dos mil concellos con máis investimento e maior dotación para servizos públicos, só 46 son galegos. Para estar nese grupo é necesario dedicar alo menos 155 euros por habitante a este tipo de atención, baremo que si superan localidades como Muras, Ourol ou Boimorto.


Na nosa contorna máis proxima o Concello de O Porriño sí raliza un investimento importante neste tipo de políticos, con 160 euros por habitante e ano. Uns cartos que se destinan a programas de integración do colectivo xitano, unidades de drogodependencias e plans de emprego específico para as ducias de persoas que a crise deixou sen traballo na área industrial da localidade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: