www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Música, xogos e cociña nos Encontros Interxeneracionais que organiza Arela
Sociedade • 22/12/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Nenos de entre 6 e 12 anos, a asociación Andaina ou os rapaces do Chan das Pipas pasarán por este centro os días 22, 23, 29 e 30 nunhas xornadas ans que os maiores usuarios deste centro compartirán cos máis novoas as súas experiencias e saberes. A música e os xogos tradicionais servirán para que cativos e maiores compartan o seu tempo neste lugar de encontro.

 


Esta é a quinta vez que se organizan estas actividades que segundo explica a Traballadora social de Arela, Magali Couñago, é un bo xeito de que os maiores se socialicen e manteñan unha vida activa. Ademais a iniciativa é positiva para todos, os máis pequenos transmiten a súa ledicia e as gañas de aprender, mentres que os maiores comparten a súa experiencia e vivencias.


Os encontros desta semana estarán centrados nos xogos, a música e a cociña. Faranse así galletas elaboradas de xeito artesanal e lembraranse os tradicionais cantos de reis e panxoliñas, tan típicas destas datas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: