www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

AGE demanda información sobre o futuro do Castelo de Rande na Comisión de Cultura da Xunta
Política • 19/12/2014
Autor: Ana Prieto

Ante a preocupación veciñal e dos expertos en arqueoloxía, fan unha proposición non de lei para que se paralicen as obras de ampliación da AP-9 que afectan aos restos do castelo ata que o parlamento galego poida valoralo.


A iniciativa de EU Redondela, Alternativa Galega de Esquerdas revisou os estudos e informes de AUDASA referentes a ampliación da AP-9, e que afectan ao Castelo de Rande. Para coñecer con máis detalle o futuro deste patrimonio arqueolóxico, AGE formulou unha Proposición non de Lei para o seu debate na Comisión de Educación e Cultura. Demandan máis información sobre o proxecto de prospección arqueolóxica presentado por Audasa á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, así como as conclusións do estudo de impacto e as alegacións da Dirección Xeral de Patrimonio. Tamén demandan máis detalles sobre a construción dos novos piares da ponte para "minimizar" o impacto das obras de ampliación da AP-9. Desde AGE solicitan tamén que non se inicien as obras de ampliación da autoestrada antes de que os grupos parlamentares podan valorar "as implicacións de toda a documentación". Por último, demandan que se aclare cal é o espazo previsto para un posible traslado do Castelo de Rande e as consecuencias que terá na preservación deste Ben de Interese Cultural.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: