www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Nace a asociación Terras Nobres para o fomento do turismo
Institucional • 18/12/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Un total de dez municipios, presididos polo de Redondela, constituíron onte unha asociación destinada a potenciar o turismo de xeito conxunto. O obxectivo é a promoción económica dos municipios integrantes e a implantación dun plan para a creación dun xeodestino turístico.


A asociación constituíuse onte en Vigo e está integrada polos concellos de Redondela Soutomaior, Pazos de Borbén, Mos, Ponteareas, Salvaterra, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balenario e Tui.


O documentos subscritos establece que a agrupación desenvolverá a súa actividade principal na provincia de Pontevedra, terá o seu domicilio social en Redondela e o seu alcalde será o presidente.


Para conseguir os seus fins, promover o turismo, a entidades constituirá servizos de asesoramento e asistencia para os seus membros, organizará e participará de reunións, seminarios e congresos e presentará aos asociados ante os poderes públicos.


Os dez concellos integrantes está presididos por alcaldes populares, alcaldes doutros partidos aseguraban onte descoñecer esta iniciativa. Con todo, os estatutos da asociación establecen que se poderán incorporar novos municipios previa solicitude e o acordo unánime dos socios.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: