www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 22 de Agosto de 2019

A piscina pechada por folga ata o mércores
Sociedade • 18/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Os traballadores reclaman un convenio colectivo e unha suba salarial que lles permita cobrar mil euros mensuais no ano 2012 xa que segundo os sindicatos, a categoría máis numerosa cobra actualmente 733 euros ao mes.

 


A folga dos operarios de piscinas, instalación e clubs deportivos afecta tamén ás instalacións de Redondela que estarán pechadas ata o mércores. Unha xornada na que os operarios decidiron regresar ao traballo como xesto de vontade negociadora á espera de que a reunión convocada polo Consello Galego de Relacións Laborais coa patronal dea algún froito que permita desconvocar a folga indefinida prevista para o 1 de febreiro.


Este é o terceiro parón protagonizado polos traballadores destas instalacións, quen demandan un convenio colectivo que inclúa melloras salariais que lles permitan chegar aos 1000 euros mensuais no 2012 con dúas pagas extra.


Tamén reclaman outro tipo de melloras como una regulación na xornada laboral, suxeita a disponibilidade que dificultan a conciliación da vida laboral e familiar así como melloras na xestión das incapacidades transitorias.


O representante dos traballadores en Redondela, Pablo Muíños confía en que a boa vontade de sindicatos e traballadores permita achegar posturas. No caso de non chegarse a acordos a folga será indefinida a partir do 1 de febreiro.


Os traballadores manifestaranse mañá diante do concello e repartirán folletos nos que trasladarán aos veciños as súas demandas dun xeito pacífico

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: