Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

O Campito Fútbol Sala acumula experiencia e confía na permanencia en Liga Galega
Deporte • 16/12/2014
Autor: Ana Prieto

Logo da avultada vitoria diante do Baíña, o equipo de Chapela recibe un balón de osíxeno que lle permite afrontar con máis tranquilidade a recta final da primeira volta. A experiencia dos primeiros partidos na categoría está a darlles máis confianza, e tamén mellores resultados na faceta goleadora.


O adestrador, Fran Amoedo, entende que na vitoria en Baiona (1-5) tiveron a sorte que lles faltou noutras ocasións, e agarda que este partido sexa "un punto de inflexión" para seguir medrando. Os xogadores van gañando veteranía na competición, e no último partido "foron prácticos" e conseguiron sumar tres puntos vitais na pelexa por manter a categoría. Amoedo recoñece que o equipo "mellorou moito" desde a súa estrea nesta liga, e os xogadores colleron "o ritmo" da competición. Agora son 10º, e o seu próximo rival será o CD Tui Futsal, 5º, malia ter disputado unha xornada menos. Trátase dun equipo do que Amoedo destaca as súas individualidades, con xogadores que veñen de militar en liga nacional. Despois deste encontro, que se disputará o sábado en Chapela, chegará o descanso de Nadal. Un parón que virá ben ao equipo de Chapela para recuperar algúns xogadores lesionados. Xa en 2015 confían en seguir mellorando o seu rendemento e afastarse definitivamente da parte perigosa da táboa, aínda que temen que a loita por evitar o descenso manterase ata as últimas xornadas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: