www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Rouban dous paneis do xacemento de Monte Penide
Sucesos • 16/12/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Acto vandálico ou roubo intencionado para vendelos como chatarra, eses poderían ser os motivos que levaron a uns desaprehensivos a levarse dous paneis informativos de aceiro inoxidable que facilitan o percorrido polos restos arqueolóxicos de Monte Penide.

Un dos carteis estaba situado na Poza da Lagoa en o outro próximo ao merendeiro. Trátase de dous paneis de grandes dimensións, un de 1,80 metros de altura e o outro de 1,20.


O arqueólogo Xurxo Constenla da empresa A Citania responsable da musealización do xacemento lamenta o acontecido e lembra que non é a primeira vez que se cometen roubos e actos de vandalismos no lugar. Hai meses xa desapareceran postes da zona de Cabeiro. A isto hai que engadir actos vandálicos de maior envergadura que afectaron directamente as propias mámoas e petroglifos. Piden a colaboración cidadá por si alguén pode desvelar algunha pista sobre o paradeiro deste paneis.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: