Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

O Choco perdoa e asina un empate co Ribadeo
Deporte • 15/12/2014
Autor: Ana Prieto

Os homes de Jacobo Montes tiveron infinidade de ocaisóns, pero non as materializaron, e o Ribadeo púxose por diante. Foi xa no tempo de desconto cando Hugo conseguía o gol do empate para os redondeláns. Un punto que os afasta dos postos de cabeza.


Terceira División


Choco 2-2 Ribadeo


O Choco tentouno pero atopouse co porteiro Kiko, co traballo defensivo do Ribadeo e coa mesma pouca puntaría do equipo nos últimos partidos. O conxunto de Jacobo Montes xerou unha infinidade de ocasións pero non concretou, e acabouno pagando. O equipo redondelán salvouse na campá, concretamente no desconto grazas ao tanto de Hugo. Inaugurou o marcador o Choco ao transformar Silva un penalti logo de ser agarrado pola camiseta por un rival. Corría xa o minuto 55 de partido. Nove minutos máis tarde empatou Rafa Casanova nun man a man co porteiro Aarón. Santi adiantou ao conxunto visitante ao aproveitar un saque de Kiko tras un córner e coller ao equipo fóra de sitio. Esta situación posibilitou un trallazo de Santi que sorprendeu a Aarón. Por último o Choco logrou finalmente empatar o partido co tanto de Hugo a pase de Gonzalo entre liñas. Ao final empate a dous goles en Santa Mariña. Agora o Choco é 6º, afástase dos postos de cabeza, e prepara o encontro da próxima xornada. Será na Coruña, diante do Deportivo B. 3º do grupo, tres puntos por riba dos redondeláns.


Choco: Aarón, Yago Vázquez, Saúl, Lucas, Valiente, Comis, Pablo Piñeiro (Gonza, min. 46), Xosé, Rober (Molinos, min. 76), Hugo, Silva (Albert, min. 63).


Ribadeo: Kiko, Coti, Isma, Dapo, Álex, Vileda, Rafa, Andrés, David (Adrián, min. 67), Santi (Miguel, min. 93), Fernando (Javi Pérez, min. 67).


Goles:1-0, min. 55: Silva, de penalti; 1-1, min. 64: Rafa; 1-2, min. 78: Santi; 2-2, min. 91: Hugo.


Árbitro:Aleixandre López. Amosou cartón amarelo a Pablo Piñeiro polo Choco e a Coti, Dapo, Álex e David polo Ribadeo.


Segunda Autonómica



Vilariño 0-1 Choco B


O Choco B é 3º do grupo logo de gañar pola mínima ao Vilariño, un dos pechacancelas do grupo. Na próxima xornada reciben en Redondela ao líder, o Nigrán.


Noalla 0-3 Arcade


O Arcade toma osíxeno logo de sumar tres puntos no campo do Noalla. Son agora 12º, e preparan xa o difícil encontro da próxima xornada, xa que reciben en Arcade a un dos equipos fortes do grupo, o Umia, 3º clasificado.


Terceira Autonómica



Monteporreiro 2-0 Cesantes


O Cesantes afúndese un pouco máis na parte baixa da táboa logo da derrota no campo do Monteporreiro. Son 15º, e prepáranse para unha complicada xornada, xa que reciben ao líder do grupo, A Lama.


Castelo 1-4 Vilar


Os de Redondela foron moi superiores ao Castelo, e impuxéronse con contundencia, o que lles permite escalar ata a 7ª posición. Na próxima xornada terán un rival complicado, xa que reciben en Vilar ao Atios B, 3º do grupo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: