www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 21 de Xuño de 2018

O Redondela FS suma outros tres puntos
Deporte • 9/12/2014
Autor: M. X. Queimaliños

O Redondela segue nos postos máis altos da Liga Galega, liderando xunto ao Concello de Mos esta clasificación. Esta fin de semana en Moaña sumaba tres puntos máis logo de vencer por 2-5 no partido disputado no Morrazo. Peor sorte correu o Campito que caída 1-3 ante o Autos Leirós


Un equipo irregular o que se puido ver esta fin de semana segundo explica o adestrador do Redondela FS Julio Mougán, que malia todo puido sentenciar o encontro nos primeiros vinte minutos cun bo fútbol sala pero que na segunda metade amosouse máis cómodo o que provocou que nalgún momento os locais intentaran darlle a volta ao marcador.


O Redondela F.S. dominou o partido desde o inicio ata o final a un rival que só podía esperar na metade da cancha os ataques continuos sobre a súa a portería. Portillo, Joseillo, Varo e Manoliño deixaban xa o encontro case visto para sentencia. O Moaña no único achegamento conseguía bater a Naka, e deixaba cos vinte primeiros minutos consumidos, un marcador de 1-4.


A segunda metade foi aburrida, parecía que ambos equipos estaban desexando acabar. Aos 28 minutos os locais recortaban distancia, 2-4. Seguirían insistindo, e optarían pola figura de porteiro xogador, sería aquí cando Dani, nun roubo, anotaría o definitivo 2-5 e acabaría con todas as esperanzas do Moaña.


Na vindeira semana o Redondela xoga na casa, recibe na bomboneira ao Cereixa.


Falamos tamén do Campito que continúa na decimo primeira praza da categoría logo de caer no encontro disputado este sábado en Chapela. 1-3 foi o marcador final nun partido que xa a priori era complicado para os do Campito, xa que xogaban cun dos equipos fortes, o Autos Leirós. Na vindeira semana xogan no campo do Baíña.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: