www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

O Concello organiza unha Festa de Fin de ano malia as críticas recibidas na primeira edición
Política • 4/12/2014
Autor: M. X. Queimaliños

A orquestra Suavecito será a encargada de amenizar un evento festivo que se vai desenvolver na noite de Fin de Ano nunha carpa instalada para tal fin no Campo da Feira. A Concelleira de Festas Erminda Quelle entende que "hai que consolidar esta actividade que serve para dinamizar a hostalaría no casco urbano".


O Concello ten pechado xa o programa de actividades que se van desenvolver nas datas de Nadal no noso municipio. Ademais das citas culturais, no estrictamente festivo dende a Concellería de Festas organizan actividades para os máis pequenos que se van desenvolver nas carpas que se instalarán na praza de Ribadavia en Redondela e na Alameda de Chapela. Agás nas xornadas festivas realizaranse nesta carpas a partir do 20 de decembro e ata o 4 de xaneiro diferentes obradoiros e espectáculos orientados ao público infantil.


Xa para o público adulto Erminda Quelle adiantaba que se volverá organizar dende o Concello unha festa de fin de ano no Campo da Feira que nesta segunda edición contará estará amenizada pola Orquestra Suavecito.
Unha Festa que foi moi criticada o ano pasado polos grupos da oposición por entender que a organización deste evento supón un elevado investimento por parte das arcas municipais para unha actividade puntual que contou con escasa asistencia. A edil nega as críticas e insiste en que esta actividades serve para dinamizar o sector da hostalaría nunha noite que nos últimos anos "estaba moi parada no centro da vila".


Quelle estima que o aluguer da carpa e a contratación da orquestra suporá un investimentos en torno aos 7.000 euros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: