www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Un pantalán permitirá o acceso ao Meirande por mar
Política • 4/12/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Un convenio asinado polo Concello e a Autoridade portuaria permitirá a instalación desta pasarela de 24 metros que permitirá o embarque e desembarque de pasaxeiros. O orzamento estimado é de 76.000 euros e será o concello o encargado de adxudicar e instalar a infraestrutura.


O Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, asinaron onte un convenio de colaboración  para dotar finalmente o Museo de Rande dunha pasarela que facilite a achega de visitantes a estas instalación por vía marítima. En base a este acordo o Concello de Redondela será o encargado de adxudicar e instalar o pantalán que ocupará unha superficie aproximada de 24 metros e cuxa finalidade será a de realizar a labor de atraque de embarcacións. Ademais para facilitar o embarque e desembarque de pasaxeiros instalarase unha pasarela de acceso.


Dende o concello valoran moi positivamente esta obra "culminarase o programa do goberno de completar as rutas guiadas á Illa de San Simón coas visitar por mar á Aula e Interpretación da batalla que este ano recibiu 15.000 visitas".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: