www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

O BNG reclama a humanización de Os Eidos e o PP anuncia un proxecto para a zona
Política • 3/12/2014
Autor: M. X. Queimaliños

A degradación do barrio de Os Eidos, un dos que máis crecemento experimentou nos últimos anos cunha elevada construcción de edificios e a chegada de familias moitas delas con fillos, fai necesario que se acometan no lugar unha serie de mellorar encamiñadas a humanizar a zona. Así o entenden no BNG que no último pleno presentaron unha moción neste sentido. Unha proposta que contou co apoio de todos os grupos malia asegurar o PP que no goberno local conta dende abril deste ano cun proxecto global encamiñado a recuperar o barrio.


A proposta defendida pola nacionalista Cecilia Pérez pasa por desenvolver na zona de Os Eidos medidas encamiñadas a incrementar as zonas de esparcemento e lecer no lugar, mellorar a seguridade viaria coa construcción de pasos de peóns sobre lombos e mellorar tamén a limpeza. Solicitan ademais que se inste aos propietarios de solares en construción a desmontar os guindastres e limpar o refugallo.


Unhas propostas que se atopaban co apoio unánime de todos os grupos. Alfonso Blanco de AER criticaba a falta de atención por parte do goberno local cara un lugar no que é obvia a degradación malia tratarse dunha zona con moita presenza poboacional


O socialista Eduardo Reguera insistía en que é preciso atender e mellorar este barrio que "do mesmo xeito que o Salgueiral foron os lugares nos que creceu Redondela e que precisan dunha atención maior"


Os populares decidiron apoiar a proposta malia que segundo dixo o voceiro do PP, Miguel Angel Álvarez Ballesteros "temos dende abril do 2014 un proxecto de urbanización global para este barrio cuxa actuación inicial consistirá en mellorar o saneamento coa separación de augas pluviais e fecais"


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: