Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Chano Rodríguez conmemora en Pazos o Día Internacional das persoas con discapacidade
Sociedade • 2/12/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Ademais da participación do medallista paraolímpico, o encontro que se desenvolverá durante a mañá do mércores en Pazos de Borbén contará tamén coa do exseleccionador paraolímpico de atletismo David Gil, os integrantes do proxecto "Discamino 2014" Javier Pitillas, José Varela e Gerardo Fernández así como varios  representantes da xefatura provincial de Educación.


Este ano do mesmo xeito que en edicións anteriores, as actividades do Día Internacional das Persoas con Discapacidade foron organizadas polo Concello de Pazos de Borbén en colaboración coas entidades de persoas con discapacidade ASPAVI e APAM.


Os actos comezarán cunha charla coloquio no que diferentes personalidades, como o medallista paraolímpico  Sebastián "Chano" Rodríguez, o exseleccionador paraolímpico David Gil ou os integrantes do proxecto "Discamino 2014" quen conversarán cos alumnos do CPI Curros Enriquez de Pazos de Borbén sobre as súas experiencias e o valor da superación persoal.


Para finalizar o encontro proxectaranse varios vídeos curtos protagonizados polos invitados como "Chano, travesía a nado desde a illa de Ons", "700 camisetas contra a leucemia" ou un resumo do proxecto "Discamino 2014".


A continuación os asistentes gozarán dun pequeno ágape para repor forzas antes da última actividade do día, unha xincana solidaria na que os participantes porán a proba as súas habilidades en diferentes xogos de integración social. A xornada completarase cunha pequena exposición dos produtos que realizan nos seus talleres os integrantes de asociacións ASPAVI e APAM.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: