www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

Redondela prohibe os circos con animais
Política • 28/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

A instalación de circos con animais ven de pasar á historia no noso concello logo de que o pleno aprobara por unanimidade unha moción de Ecoloxistas en acción presentada por AER na que se establece a prohibición de instalar no termo municipal circos que utilicen animais nos seus espectáculos. Redondela carecía dunha normativa neste sentido malia que segundo o edil de Medio Ambiente "non se estaban a autorizar este tipo de espectáculos".


Unha petición que chega ao pleno atendendo ao sufrimento que estes animais padecen "xa que os seus adestramentos adoitan estar baseados en prácticas crueis nas que se emprega o maltrato físico". Son animais que pasan a maior parte da súa vida amarrados ou pechados en gaiolas, nas que case non poden moverse cando se trata de especies que en liberdade poden percorrer habitualmente decenas de quilómetros ao día. Así mesmo, moitos deles foron capturados do medio natural, substituíndo a súa forma de vida en liberdade pola catividade e unha forma antinatural de vida.


No noso concello non existe unha regulación ao respecto aínda que segundo explicou o edil de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros "no noso concello xa non se estaba permitindo a instalación deste tipo de espectáculos do mesmo xeito que tampouco se permiten nas festas as atraccións con ponis".


Redondela súmase así a outras localidades como Vigo, Barcelona, Girona ou Palma de Mallorca.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: