Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O Concello pospón a construcción do paseo de Cesantes ante a falta de orzamento
Política • 28/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

A partida de 221.000 euros contemplada no plan Marisma Mais para o acondicionamento dun paseo de 250 metros no litoral de Cesantes investirase finalmente no reforzamento dos muros de pedra que quedaron derruídos polos temporais do inverno pasado. A concelleira de Facenda, Ana Alonso asegura que o carril bici e a urbanización do paseo realizarase nunha fase posterior xa que a obra total ascende a un millóns de euros.


A edil explicou no pleno municipal de onte que os efectos dos temporais de hai una ano obrigan a reformular o proxecto inicial e que contemplaba o investimento de 221.000 euros no acondicionamento dun tramo de 250 metros que estaba previsto dotar de mobiliario urbano, iluminación e de carril bici. Unha dotación económica que agora hai que destinar a reforzar os muros da praia deixando para unha fase posterior a totalidade do proxecto que ascendería a un millóns de euros.


Unha modificación do proxecto inicial que onte era levado a pleno e que non contou co apoio do resto dos grupos. A Agrupación de Electores optou por votar en contra, mentres que PSOE e BNG se abstiñan na votación. A nacionalista Cecilia Pérez argumentaba o posicionamento do seu grupo "pola falta de claridade sobre que é o que se vai facer e por termos moitas dúbidas sobre a actuación que se pretende acometer nun espazo tan sensible como é o litoral".


Os socialistas criticaron "a lentitude e a incapacidade do goberno local para a xestión deste proxecto" xa que os efectos dos temporais eran patentes a finais do pasado inverno e demoráronse varios meses en realizar o cambio de finalidade "malia os prazos tan axustados que require o Marisma Máis.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: