www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Saxamonde mobilízase polo saneamento do barrio de Os Valos
Sociedade • 26/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Os veciños reclaman que se inclúa nos orzamentos municipais para o vindeiro ano unha partida que asegure a dotación de saneamento ás vivendas deste barrio. Anuncian mobilizacións e rexeitan as escusas do goberno local quen alude a "dificultade dos acordos co Ministerio de Fomento polo paso da N-550" para non acometer a obra. Trasladaron esta demanda ao Consello parroquial e presentaron no rexistro do concello unha solicitude asinada por 122 veciños.


Uns dos veciños afectados, Manolo Barreiro, asegura que Saxamonde "é unha parroquia esquecida con moitas carencias sendo a principal o do saneamento" que malia térselle reclamado ao concello e numerosas ocasións segue sen ter unha resposta satisfactoria por parte do goberno local. Non entenden ademais que se aluda á dificultade de acordos co Ministerio de fomento polo paso da N-550, xa que existen outras parroquias atravesadas por estradas nacionais como Chapela, Cedeira ou Cesantes que si teñen o servizo de saneamento.


Finalmente fan un chamamento ao grupo de goberno pero tamén ao resto de formacións con presenza na corporación para que se preocupen porque se inclúa nos orzamento do 2015 unha partida para a realización da obra en Saxamonde.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: