Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Agosto de 2018

París anima a acudir ao CIM ante calquera indicio de violencia contra as mulleres
Institucional • 25/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Neste 25 de novembro, data na que se conmemora o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, a Concelleira responsable de Servizos Sociais e Igualdade, Teresa París, anima a achegarse ao CIM, o Centro de Atención ás Mulleres onde se ofrece unha atención global encamiñada a apoiar e asesorar ás vítimas de xeito completamente anónimo.


As estatísticas falan de que o número de mulleres nesta situación en Redondela ten experimentado unha lixeira melloraría nos últimos anos, pero a Concelleira insiste en que a diminución é cuasi anecdótica "dous o tres casos menos por ano" polo que se fai necesario seguir insistindo e traballando de cara a atallar un problema que no que vai de ano xa se cobrou 6 vítimas en Galicia, sendo moitas máis as mulleres que cada día sofren a violencia por parte das súas parellas ou ex parellas.


Unha violencia que nos casos extremos acaba co asasinato da vítimas, pero que comeza con insultos, palabras malsoantes e indicios ante os cales é preciso estar atentos e non baixar a garda.


Ante situacións semellantes Teresa París anima a achegarse aos servizos municipais, concretamente ao Centro de Información ás Mulleres onde cada caso será analizado e atendido por profesionais que achegarán e facilitarán atención psicolóxica ou legal segundo sexa casa caso.


Na xornada de hoxe e seguindo cos actos deste 25 de novembro terá lugar ás 19:30 horas na Casa da Cultura unha charla a cargo da avogada do CIM, Mercedes Carreira baixo o título Enfróntate a violencia. Atrévete a denunciala!.


O venres será na Asociación deportivos Cultural Miñoteira onde a psicóloga Mariña Iglesias impartirá a charla Respéctate a ti mesma.


Uns actos que completan un programa que arrancaba hoxe mesmo con protagonismo para o alumnado do IES Pedro Floriani, rapaces e rapazas encargados nesta ocasión de asumir a elaboración e lectura da declaración institucional que se puido escoitar ás doce do mediodía diante do Concello.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: