Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

O Viso reclama a mellora da estrada da Teixeira
Sociedade • 25/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

O Consello parroquial do Viso acordou trasladar ao pleno do concello unha moción na que se reclama á Deputación de Pontevedra que proceda a arranxar a estrada da Teixeira, dende as inmediacións do Colexio de Cesantes ata o Alto do Viso. Concretamente solicítase a construcción de beirarrúas, a dotación de pasos de peóns elevados e a mellora da sinalización na contorna do colexio público.


A demanda foi acordada no consello parroquial celebrado o pasado 13 de novembro e presentarase en forma de moción para lle solicitar á Deputación que aprobe medidas de mellora da seguridade vial na estrada da Teixeira. As actuacións pasarían por habilitar beirarrúas de xeito continuo en todo o percorrido da estrada dende o Colexio de Cesantes ata o Alto do Viso, completando diversas zonas onde non foron construídas no seu día sendo, segundo expican os veciños "moi necesarias polo risco que supón o tránsito rodado". Reclaman tamén que se dote esta zona de pasos de peóns elevados e sinalización vertical no entorno do colexio público, acondicionamento de aparcadoiros na zona de entrada ao colexio e paso de peóns elevados diante do centro cultural de Tuimil e no Alto do Viso para regular a velocidade dos vehículos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: