www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

SAR e Chapela resisten nos postos altos da categoría
Deporte • 24/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

O Construcciones Castro mantense no terceiro posto de primeira nacional logo dunha nova vitoria ante o Cañiza por 26-29. No cuarto posto atopamos a SAR Plastic Omnium que non cede logo de vencer pola mínima ao Lalín.


O Construcciones Castro logrou un novo triunfo na súa visita ao campo da Cañiza. Con todo, os homes do Promens deron máis guerra da esperada malia que ao remate do partido os de Fran Teixeira fixéronse coa vitoria por 26-29. O Chapela mantense no terceiro posto da categoría a tan so un punto dos dous primeiros clasificados e recibe na vindeira semana a un equipo máis flebe o Granitos, afundido nos últimos postos da táboa.


A piques estivo a SAR de perder o partido disputado na  bomboneira. Finalmente fixéronse coa vitoria por 22-21 nun partido no que os de Redondela sufriron para vencer ao Lalín. Unha vitoria pola mínima que lles permite continuar no cuarto posto da táboa. Na vindeira semana desprázanse ao campo do Atlético Novás.


 


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: