www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Xornada sobre a artrite en Chapela
Sociedade • 21/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

O Círculo Cultural de Chapela acolle este sábado ás 18:00 horas unha xornada organizada pola Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (Asearpo) na que se falará sobre os tratamentos e os complemento de apoio que están a disposicións das persoas que paceden a enfermidade. Intervirá o especialistas en reumatoloxía Rafael B. Melero.


O acto, gratuíto e aberto a todas as persoas que queiran achegarse, iniciarase ás seis da tarde cunha introducción para presentar a labor que realiza esta asociación con sede en Redondela. A continuación intervirá o especialistas en reumatoloxía do Hospital Meixoeiro Rafael B Melero González, quen falará sobre a artrite e as novas medicacións. A xornada concluirá coa charla de Victoria Millón Fernández de Calor Humano, quen presentará complemento de apoio para axudar na vida diaria aos enfermos de artrite.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: