Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 15 de Agosto de 2018

Reguera repetirá como candidato á alcaldía polo PSOE
Política • 19/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

O concelleiro socialista Eduardo Reguera repetirá como candidato á alcaldía de Redondela logo de que a súa fose a única candidatura presentada ao proceso de primarías do PSOE que concluíu o pasado luns 17 de novembro coa presentación de avais. Ao non presentárense outras candidaturas non se celebrarán votacións e o vindeiro día 22 será nomeado oficialmente candidato á alcaldía.


Será a segunda vez que Eduardo Reguera, mestre de profesión encabece a lista que presenten os socialistas ás municipais do vindeiro ano.


O actual edil conta cunha dilatada experiencia na política local, xa que baixo o mandato de Xaime Rei ocupou responsabilidades no goberno local como concelleiro de Cultura e  Facenda.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: