www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Redondela e Campito fan os deberes
Deporte • 17/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

Fin de semana de tirunfos na Autonómica Sur de futbol sala con vitoria do Redondela na súa visita ao campo do Mondariz nun encontro que rematou co resultado de 3-4. Vitoria tamén para o Campito FS que lograba un contundente 7-4 ante o Lume Bamboo. Na Autonómica Norte o Arealonga empataba na súa visita ao campo do Begonde.


Malia que o Mondariz tivo contra as cordas aos redondeláns, o equipo de Julio Mougán foi quen de facerse cos tres puntos en xogo. De feito, o Mondariz estivo por diante no marcador en boa parte do encontro e cando só restaban oito minutos para o final a situación era de 3 goles a 2 a favor dos locais. Vinte segundos despois o Redondela empataba e Borja a tan so un minuto do final conseguiría o gol da vitoria.


Un encontro que ao entender do adestrador da mostras do igualada que está este ano a competición.


O calendario premia nas dúas vindeiras xornadas ao Redondela con dúas citas na casa, a primeira ante o Leis Marcón e a segunda ante garciaaraujo.com, seis puntos que se fan imprescindibles para manterse na parte alta da táboa. Actualmente atópanse no 5º posto.


O Campito lograba unha importante vitoria ante o Lume Bamboo, 7-4 foi o resultado a favor dos de Chapela que na vindeira semana xogan no campo do Luar.


Por último na liga autonómica Norte o Arealonga facíase cun empate na súa visita ao campo do Begonde. Son decimoprimeiros e teñen na vindeira semana unha cita complicada, reciben ao segundo da táboa, o Arzúa.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: