Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Critican o investimento de 3.000 euros en mandís dentro dunha campaña de promoción da igualdade
Política • 11/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG asegura que a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Redondela solicitou á secretaría xeral a compra de mil mandís para "iniciar unha campaña a prol da igualdade". Para desenvolver esta campaña investiríanse un total de 3.025 euros, un investimento que consideran "superfluo" tendo en conta ademais que se destina a prevencións da violencia de xénero unha cantidade menor: 2.800 euros.


Na solicitude de subvencións á Secretaría Xeral de Igualdade, o Concello de Redondela incluía, segundo explican os nacionalistas "catro actuacións enmarcadas na promoción da igualdade de xénero, dúas delas orientadas á "prevención e tratamento integral da violenza contra as mulleres" co desenvolvemento de obradoiros de igualdade nos centros educativos por valor de dous mil euros e obradoiros de benestar e autonomía persoal para mulleres vítimas de violenza para o cal se pedía á Secretaría Xeral unha colaboración de 1.224€, mentres que o concello chegaría 140€.


As críticas do BNG chegan coa solicitude dunha cantidade superior para a compra 1.000 delantais para segundo o escrito presentado pola Concellería "iniciar unha campaña a prol da igualdade para visibilizar os feitos e logros conseguidos no eido da igualdade". En total, investiríase nesta campaña 3.025€.


Entenden os nacionalistas que con estas actuación o goberno local decántase "por actuacións que pouco ou ningún impacto van ter na erradicación da violencia de xénero e critican tamén un investimento nun gasto que cualifican de "superfluo".


 


 


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: