www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

A oposición critica as alternativas do goberno para mellorar a acessibilidade no campo de fútbol
Política • 7/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

A construcción dun edificio de gradas con capacidade para 700 espectadores así como a creación duns novos vestiarios na parte baixa da grada supuxo un investimento duns 650.000 euros financiados pola Deputación de Pontevedra dentro do proxecto global de remodelación do complexo deportivo de Santa Mariña. Unha actuación de gran envergadura na que non se tivo en conta, segundo denuncian os grupos da oposición, a accesibilidade para as persoas con discapacidade.


A proposta do goberno local para solucionar este problema pasa por instalar un ascensor que dea acceso á parte superior das bancadas ou reservar un espazo na parte inferior do grada, unha solucións que parecen non contar co visto e prace dos grupos da oposición.


Así, dende o PSOE o edil socialista Eduardo Reguera indica que "as barreiras teñen que eliminarse e que de feito nunca deberon aparecer" e insiste en que debe ser a Deputación quen as solucione e asuma os seus custes estimados en 50.000 euros.


Amosouse tamén contrariado ante as intencións da alcaldía de que "as persoas con discapacidade dispoñan dun lugar reservado na parte inferior do gradería por tratarse dun espazo no que as condicións de visibilidade son moi malas".


Pola súa banda dende AER entenden que a outra das propostas do goberno e que pasa por instalar un ascensor "non nos parece axeitada xa que ademais do investimento necesario para a súa instalación xerará uns gastos de mantemento permanentes" Pregúntanse tamén como se evacuarías a esas persoas en caso de que falle a electricidade "por desgraza algo moi habitual no noso país".


A proposta de AER pasa por construír unha rampla de acceso á parte superior ou habilitar no fondo norte ou diante dos vestiarios vellos unha zona para persoas con mobilidade reducida "opción máis axeitada, xa que os vehículos poden chegar ata a mesma entrada, e en caso de emerxencia, estarían situados a carón da saída".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: