Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Aprazada a obra de teatro "Música Ligera" de Manquiña e Lomba
Cultura • 7/11/2014
Autor: M. X. Queimaliños

O espectáculo "Música Ligera" programado dentro do Outonoteatro 2014, que se ía celebrar o sábado 8 de novembro no Multiusos da Xunqueira queda suspendido até novo aviso por enfermidade dun dos actores protagonistas. En canto sexa posible a Concellaría de Cultura anunciará a nova data e o xeito de proceder para as persoas que xa tiñan adquirida a súa entrada.


Dende o departamento de Cultura piden desculpas a todas as persoas que tiñan previsto asistir a esta función encargada de clausurar o ciclo Outonoteatro que se ven celebrando nas últimas semanas. Confían ademais en poder reprogramar a función en cando o actor enfermo se recupere.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: