www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Maio de 2018

O veciños aplauden as obras de mellora na depuradora para eliminar os malos cheiros
Sociedade • 7/11/2014
Autor: Ana Prieto

As obras de mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Redondela comezarán a principios do próximo ano, tras adxudicar esta actuación por un imporche de máis de 171.000 euros. O obxectivo é reducir os malos olores e mellorar a estética. Os veciños celebran a noticia, e agardan que por fin se resolva o problema.


Son moitos os veciños que se ven obrigados a transitar por esta zona da Marisma onde está instalada a depuradora, próxima aos colexios e institutos, e ao centro de saúde. Tamén é unha zona de paseo empregada habitualmente por moitas persoas, como Andrés e Luis, que lembran que este problema se remonta a moitos aos atrás, aínda que "hai días que cheira máis, e outros menos". Para as familia que cada día levan aos seus fillos aos centros de ensino da zona tamén as obras de mellora son unha moi boa nova. Ana e Liliana, cuxos fillos estudan na zona, explican que o cheiro ás veces é "insoportable", e que a moitos nenos mesmo "lle produce náuseas". O que esperan agora é que este investimento sirva, por fin, para rematar con eses cheiros pestilentes, e dan por ben investidos os 170.000 nestes traballos se realmente son efectivos. Os traballos comezarán en xaneiro, serán financiados pola Xunta de Galicia e teñen un prazo de execución de seis meses. As tarefas consistirán na instalación dun sistema de desodorización, para reducir os malos cheiros . Tamén se fará un peche vexetal en todo o perímetro da EDAR, para mellorar a súa estética.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: